Tecnolexibia.
Respetando cores e tecidos.

..

By Astroboy

Onte enchéronseme de Musgo as orellas, pousei a cabeza nunhas pedras (no medio dun LK), e o pouco uns elementos desenfundaron guitarras e gargantas : Musgo en concerto. Fin do diario.



Campos de lama entre as unllas

O que rañei dun testamento, cada grito e insulto sumaba metros de terreo, mas eu fiquei en silencio. Tinha a boca tan chea de palabras que non podía mover a lingua dentro, nin cerrar a mandíbula, e cun xesto bobalicón aceptei unha treceava parte de case nada.


Unha vez na casa, co cansancio de haber viaxado seis horas en autobús, fiquei no sofa a piques de quedarme a durmir cada 5 minutos, e nuha destas o despertador foi a lingua do meu can na punta dos meus dedos , deixándome as unllas limpas, de todo-los, son maceta pequena pra plantar calquera cousa